jueves, 3 de diciembre de 2015

Retomando bos hábitos


Xa choveu … O blog estaba moi parado dende a primavera do 2013, pero como os bos costumes hai que retomalos, probaremos a facer algunha nova entrada nas vindeiras datas.


O outro día atopeime cun grupo moi interesante en Facebook: “Non eres de Valga si …”, no que se recordan ou aportan curiosidades por tod@s coñecidas en diferentes puntos da xeografía Valguesa e das súas xentes. Segundo a súa descrición, “Este grupo crease para reflexar os recordos, vivencias, personaxes, anécdotas e todo o que nos faga pasar un bo rato cos nosos veciños, ou todos aqueles que coñezan o mais pintoresco de Valga, sempre dende o respecto e a tolerancia. Gracias a todos por unirvos e participar.”

Quero compartilo con vos, porque tamén vos merecedes sorrir imaxinando tempos pretéritos e anécdotas polas que moitos pasamos.

Que aproveite!